Carlos Carvalhal: "Temos que mellorar para ser competitivos"
Aidoo xa regresou do Mundial de Qatar pero non viaxa a Londres
O portugués Carlos Carvalhal, adestrador do Celta, dixo que está “satisfeito” co crecemento que está a experimentar o seu equipo, na véspera de medirse ao Brentford, da Premier League, un partido “de máxima esixencia” para os seus.
“Escollemos estes rivais para crear dificultade. Analizamos moi ben o noso proceso de xogo e creo que estamos a dar pasos cara a adiante desde o primeiro partido contra Osasuna. Para crecer como equipo necesitamos mellorar”, apuntou en conferencia de prensa.
Neste sentido, incidiu na importancia de ser “máis competitivos” para poder disputar os puntos “a calquera” rival da Liga, sobre todo a nivel defensivo, no que mostraron máis carencias.
“O partido contra o Brentford obrigaranos a mostrar máis cousas, permitiranos avaliar as limitacións que temos. Queremos que o equipo senta dificultade, xogar contra os mellores permitiranos avaliar en que punto estamos”, declarou o adestrador do Celta
Aidoo xa regresou do Mundial de Qatar pero non viaxa a Londres.
📑💙 𝑻𝒆𝒓𝒄𝒆𝒓 𝒕𝒆𝒔𝒕 𝒆𝒏 𝒏𝒖𝒆𝒔𝒕𝒓𝒂 𝒑𝒓𝒆𝒑𝒂𝒓𝒂𝒄𝒊𝒐́𝒏
— RC Celta (@RCCelta) December 12, 2022
✈️🇬🇧 Los 2⃣1⃣ convocados por Carvalhal para jugar ante el @BrentfordFC este martes en Londres pic.twitter.com/kkJQQIdZ75