Publicador de contidos

Publicador de contidos

O portugués Carlos Carvalhal, novo adestrador do Celta ata 2024

O portugués Carlos Carvalhal, novo adestrador do Celta ata 2024

Co Braga logrou a Copa en Portugal e alcanzou varias clasificacións para competicións europeas

G24.gal 02/11/2022 15:59 Última actualización 02/11/2022 16:38

Carlos Carvalhal xa asinou o seu contrato co Celta, será ata xuño de 2024. Esta tarde xa acudiu ata Afouteza, acompañado polo presidente Mouriño, para ter o primeiro contacto cos xogadores.

Había unha corrente dentro da directiva partidaria de agardar a parada do Mundial pero nas últimas horas aceleráronse as conversas para poñer o final á era Coudet. Os malos resultados (só 1 dos últimos 15 puntos) provocaron que a directiva decidise mover ficha.

Carvalhal é un adestrador da plena confianza do director deportivo Luís Campos. Trátase un técnico de moito prestixio en Portugal, nacido na veciña Braga e que está sen equipo despois dunha curta experiencia no Al Wahda de Abu Dhabi. Nas dúas últimas temporadas destacou o seu traballo á fronte do Sporting de Braga e ten unha amplísima experiencia como técnico en Portugal, Inglaterra (Sheffield, Swansea), Turquía e como formador de futuras estrelas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar