Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Carvalhal di que, malia as vitorias, o Celta ten "os pés na terra"

Carlos Carvalhal di que, malia as vitorias, o Celta ten "os pés na terra"

Carvalhal dixo que non coñece a Clemente Montes, un nome que se vinculou ao Celta nas últimas horas

Foto @RCCelta
G24.gal 12/01/2023 15:21 Última actualización 12/01/2023 15:28

Carlos Carvalhal admitiu na previa de recibir ao Vilarreal en Balaídos tras gañar ao Elxe que "as vitorias dan confianza", pero que teñen "os pés na terra".

Para o adestrador do Celta, o punto de inflexión do equipo foi fronte ao Sevilla, aínda que non lograsen gañar ese partido e a nivel de resultados, poida selo o duelo do Martínez Valero. Agora espéralles "un equipo forte" ante o que promete pelexar polos tres puntos contando con que recibirán "un gran apoio por parte da afección".

Carvalhal dixo non coñecer a Clemente Montes, un nome que se vinculou ao Celta nas últimas horas. Reiterou a súa confianza no plantel pero tamén que lle gustaría algún reforzo, como xa vén dicindo:

"A confianza no persoal que temos é total. Están detectadas as posibilidades de mellorar un pouco e iso transmitinllo a Luís (Campos), a Antonio (Chaves) e ao presidente".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar