Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Canal loitará por ter protagonismo no Gran Camiño

Carlos Canal loitará por ter protagonismo no Gran Camiño

Canal: "É a carreira da casa, sempre fai ilusión"

G24.gal 21/02/2024 15:49 Última actualización 21/02/2024 16:58

Os mecánicos poñen o material a punto para que Carlos Canal, a referencia galega no Gran Camiño, dea as primeiras pedaladas do día. Ultimo adestramento antes dunha proba que ten marcada en vermello e na que quere deixarse ver.

"É a carreira da casa, sempre fai ilusión".

O galego pretende loitar por todo na etapa ourensá, diante dos seus paisanos. Pero antes el e os seus compañeiros do Movistar exploran o percorrido da contra o reloxo coruñesa, circuíto urbano con previsión de vento e chuvia.

Para Canal, o Gran Camiño promete loita. O cartel é de primeiro nivel, aínda que a súa quiniela para o triunfo final ten un nome

"Vingegaard é o gran favorito".

No seu primeiro ano na máxima categoría, Canal quere ser protagonista. A aventura que principia a carón da Torre de Hércules.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar