Cargando resultados...
Carlos Atanes: "A carreira Ártabra busca visibilizar un proxecto médico, social e deportivo"
Carlos Atanes: "A carreira Ártabra busca visibilizar un proxecto médico, social e deportivo"
A proba popular nace da cooperación entre o CHUAC, Casco e BOXFIT

G24.gal
11/03/2023 16:55
BOXFIT e CASCO, asociacións sen ánimo de lucro, coa colaboración do CHUAC, organizan a I CARREIRA COSTA ÁRTABRA, carreira popular a pé e en liña, entre os concellos de Oleiros e A Coruña, na mañá deste domingo. Falamos cun dos seus organizadores.
"Esta carreira pretende dotar de mellor calidade de vida aos pacientes de VIH, traballar mediante o deporte para a inclusión de colectivos con risco de exclusión social, e logo mellorar a vida das persoas. Unimos os dous concellos, saíndo do parque das 13 Rosas. Rematamos no Parrote".