Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Alcaraz pásalle por riba a Alexander Zverev cun claro 6-1 e 6-2

Carlos Alcaraz pásalle por riba a Alexander Zverev cun claro 6-1 e 6-2

Xogará os cuartos de final do Masters 1.000 de Madrid ante Karen Khachanov

Foto EFE Foto EFE
G24.gal 02/05/2023 17:27 Última actualización 02/05/2023 17:54

Carlos Alcaraz, primeiro favorito, machacou o alemán Alexander Zverev por 6-1 e 6-2 para irromper nos cuartos de final do Masters 1.000 de Madrid, onde o espera o ruso Karen Khachanov, verdugo do seu compatriota Andrey Rublev.

Nunha reedición da final do pasado ano, o tenista español acelerou no seu xogo e superou desde o principio o xermano, que sempre, ata o de agora, alcanzara, polo menos, os cuartos de final na Caixa Máxica.

Alcaraz elevou a oito as súas vitorias consecutivas en terra batida. Ás cinco logradas no torneo de Barcelona engadiu as tres conseguidas, ata o de agora, no Masters 1.000 de Madrid, que lle aseguraron un lugar entre os oito mellores do torneo.

O tenista español liquidou o compromiso en oitenta e dous minutos. Xogará con Khachanov, que gañou por 7-6 (8) e 6-4 a Rublev, quinto cabeza de serie e gañador semanas atrás o Masters 1.000 de Montecarlo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade