Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Alcaraz gaña a Coric e repetirá final en Madrid

Carlos Alcaraz gaña a Coric e repetirá final en Madrid

Gañou por 6-4 e 6-3 e xogará a final ante o gañador da semifinal, que, na sesión nocturna deste venres, xogarán o alemán Jan-Lennard Struff e o ruso Aslan Karatsev

Foto EFE
G24.gal 05/05/2023 17:57 Última actualización 05/05/2023 18:04

O tenista murciano Carlos Alcaraz derrotou por 6-4 e 6-3 o croata Borna Coric nas semifinais do Masters 1.000 de Madrid e disputará por segundo ano consecutivo a final na Caixa Máxica, onde xa logrou o título en 2022.

O número dous mundial terminou coas aspiracións de Coric, 17º cabeza de serie, nunha hora e corenta minutos, tempo en que se impuxo a un rival moi digno e que non lle permitiu relaxarse en ningún momento.

Nunca se enfrontaron entre eles e neste primeiro choque Alcaraz rompeu unha vez o servizo do seu rival no set inicial e tres no segundo, en que el perdeu o seu nunha ocasión.

O rival do xogador murciano na final será o gañador da semifinal, que, na sesión nocturna deste venres, xogarán o alemán Jan-Lennard Struff e o ruso Aslan Karatsev

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade