Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Carlos Alcaraz colle a remuda de Nadal e gaña o Godó
Venceu a Carreño por 6-3 e 6-2 en pouco máis dunha hora
 
            
                            G24.gal
                        
                            24/04/2022 19:55
                        
                        
                        
                        
                    
                    Carlos Alcaraz colleu a remuda de Rafa Nadal no Barcelona Open Banc Sabadell e gañoulle na final a Pablo Carreño con moita claridade: 6-3 e 6-2 en pouco máis dunha hora.
A días do seu 19 aniversario Alcaraz gaña o cuarto torneo desta temporada logo dos acadados en Umag, Río e Miami. Parecía que lle custaba collerlle o gusto á terra logo da derrota en primeira rolda de Montecarlos pero no Godó sacou o seu mellor tenis para amosarse como unha das grandes promesas do tenis mundial.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
            
         
            
         
            
        