Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carles Pérez é dúbida para o partido contra o Atlético de Madrid

Carles Pérez é dúbida para o partido contra o Atlético de Madrid

O extremo sufrir unha lesión na inserción do abdutor esquerdo durante un adestramento

Rafa Benítez segue pendente do estado físico do lateral esquerdo serbio Mihailo Ristic

G24.gal 17/10/2023 12:16 Última actualización 17/10/2023 12:20

O extremo dereito do Celta Carles Pérez é dúbida para o partido deste sábado contra o Atlético de Madrid tras sufrir unha lesión na inserción do abdutor esquerdo durante un adestramento.

O exfutbolista do AS Roma, que recuperou a titularidade no último duelo ante o Xetafe, está a realizar traballo individual cos recuperadores para tentar acelerar a súa recuperación e estar a disposición de Rafa Benítez.

O técnico madrileño, ademais, segue pendente do estado físico do lateral esquerdo serbio Mihailo Ristic, que chegará mañá a Vigo tras estar concentrado coa súa selección, aínda que non chegou a xogar tras confirmarse que sofre unha escordadura no ligamento lateral interno do seu xeonllo.

Rafa Benítez xa sabe que non poderá contar o resto de temporada con Joseph Aidoo que sufriu unha rotura do tendón de Aquiles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade