Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carla Simón emociona en Cannes con 'Romaría', rodada en Galicia

Carla Simón emociona en Cannes con 'Romaría', rodada en Galicia

Simón, nada en Cataluña pero de ascendencia galega, foi ovacionada con dez minutos de aplausos polo público asistente

Con Romaría pecha a súa triloxía familiar, que iniciara con Alcarràs e Estiu 1993 

A directora Carla Simón, a produtora María Zamora e os membros do elenco Llucia García e Mitch Robles / Sarah Meyssonnier / Reuters
G24.gal 21/05/2025 21:09 Última actualización 21/05/2025 21:19

O público de Cannes aplaudiu durante dez minutos Romaría, de Carla Simón, unha película rodada en Galicia coa que a directora, nada en Cataluña pero de ascendencia galega, pecha a súa triloxía familiar despois das laureadas Alcarràs e Estiu 1993.

Romaría cóntanos a historia dunha nena adoptada que viaxa a Vigo para atoparse por primeira vez coa familia do seu pai biolóxico. Guiada polo diario da súa nai e a través dunha conexión especial co seu novo curmán, descubrirá as feridas familiares e poderá por fin revivir a memoria duns pais dos que apenas ten recordos.

Con esta cinta pode acadar a Palma de Ouro, o máximo galardón do certame francés, polo que tamén compite o director Óliver Laxe coa súa película Sirat.

A acollida non puido ser máis cálida. A directora foi ovacionada tras o pase esta película na que recupera a memoria daquela xeración de mozos e mozas dos anos oitenta que quixo vivir en liberdade tras catro décadas de ditadura e quedou marcada polo desgarro e a devastación que causaron o virus da sida, a heroína ou a crise económica.

O sábado pola noite coñeceremos quen leva o cobizado premio do festival.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade