Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cano: "Rubén, co físico dun xogador medio, estaría en Qatar, ou habería que fusilar a Luis Enrique"

Cano: "Rubén, co físico dun xogador medio, estaría en Qatar, ou habería que fusilar a Luis Enrique"

Tamén destacou o traballo de Max Svensson

Foto @RCDeportivo Foto @RCDeportivo
G24.gal 16/12/2022 13:40

Desde a chegada de Óscar Cano, o Deportivo mostrou unha melloría colectiva, pero tamén hai varios xogadores que aumentaron as súas prestacións. É o caso de Rubén Díez, que trataba de buscar o seu sitio con Borja Jiménez e ao que o novo técnico entregou o mando do equipo, e tamén de Max Svensson.

O dianteiro apenas tivera minutos e converteuse nunha peza fundamental. Antes do partido de Ceuta, Óscar Cano rendeuse a ambos. Rubén Díez é a intelixencia como compensación do físico Non é a primeira vez que Cano utiliza esaxeracións en sala de prensa, e para os eloxios a Rubén Díez non foi diferente:

"Cada un maniféstase con aquilo que o define. A Rubén defíneo a súa capacidade intelectual. Todas as condutas defensivas de Rubén parten dunha localización correcta e saber a quen se ten que opoñer. Fáltalle físico, obvio, porque co físico medio dun xogador de fútbol, se non estivese en Qatar, habería que fusilar a Luis Enrique por non levalo. Iso provocou que tivese que desenvolver e optimizar os seus aspectos mentais".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos