Publicador de contidos

Publicador de contidos

Candidatura continuísta do BNG, con Ana Pontón, para o novo Consello Nacional

Candidatura continuísta do BNG, con Ana Pontón, para o novo Consello Nacional

A líder do Bloque reitera que aspiran á presidencia da Xunta

G24 30/10/2021 14:35

O BNG ratificou por unanimidade a candidatura ao Consello Nacional encabezada por Ana Pontón, que se caracteriza pola liña continuísta.

A propia Pontón sinalou que o éxito do Bloque nos últimos anos radicou na lealdade e xenerosidade no seo da formación, que, ao seu entender, deron pé á "unidade de criterio de acción".

Explicou que gran parte dese éxito estivo nunha dirección que soubo combinar experiencia e renovación, e de aí a decisión continuísta coa nova candidatura: "Manter o groso dun equipo de dirección que foi capaz de levar o BNG desde unha situación difícil e complexa ao mellor resultado electoral das dúas últimas décadas, de tal xeito que hoxe somos a segunda forza política do país en disposición de afrontar con éxito o reto de conseguir a presidencia do goberno en 2024"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade