Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ourense acolle un campionato internacional de breaking para dar a coñecer este deporte

Ourense acolle un campionato internacional de breaking para dar a coñecer este deporte

Será disciplina olímpica por primeira vez nos Xogos de París deste ano

G24.gal 15/06/2024 21:37 Última actualización 15/06/2024 22:19

Este ano por vez primeira o break dance será un deporte olímpico. Un total de 36 deportistas competirán en París por ocupar un lugar no podio. Ourense acolle esta fin de semana un campionato internacional desta disciplina.

Resulta ben difícil apartar a mirada do escenario. Bailando, entre o público, no xurado atopamos a algúns dos que participarán nos xogos olímpicos de París en apenas unhas semanas, porque si, o breaking este ano será por vez primeira deporte olímpico.

“Cada sitio que vai o breaking olímpico, de modo deportivo é un éxito, entón nos xogos olímpicos vai ser outro éxito. A quen non lle gusta isto? Isto gústalle a todo o mundo", apunta o B-Boy Graciel Estenio Gracy.

Moito é o que valora o xurado en competicións coma esta: orixinalidade, creatividade, técnica, composición, o que contan co seu baile ou a presenza sobre o escenario. Bigger Lola está na selección nacional de Breaking.

“É unha maneira de conectar a parte física e o sacrificio, coa arte e a danza, que tamén me apaixona”. 

Ali é a campioa de España da súa categoría. Adestra dúas horas o día, cinco días a semana. Demasiado pequena para París, quere participar nos xogos olímpicos da xuventude.

“Os de maiores non entro, son este ano e non podo participar porque non teño a idade e a ver se para os próximos”.

O deporte e a cultura van da man, lembran, nun estilo de baile que xa conta a súa historia por décadas.

“É unha cultura que ven de moi atrás, ten un abano de actividades todas relacionadas co mundo do hip hop que é o que realmente despois se ve neste tipo de eventos”. 

Agora sobe un chanzo máis con gana, din, de que os xogos sirvan para que o breaking chegue cada vez a máis xente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos