Campás, canóns e avións para a toma de posesión de Matarella en Roma
Accede seguir na presidencia tras 7 días de votacións sen resultado no Parlamento
Sergio Matarella tomou posesión do seu cargo esta tarde nun acto oficial no Parlamento.
É o novo-vello presidente de Italia. El non quería repetir no cargo pero aceptou ante a imposibilidade dos partidos políticos para poñerse dacordo sobre o seu sucesor. Os candidatos propostos polos partidos de dereitas non satisfixeron a outra parte e viceversa.
A opción que barallaban desde hai tempo era Mario Draghi. Esta posibilidade queimárona cando o ano pasado o desiganaron primeiro ministro. O Goberno estaba roto e para evitar eleccións anticipadas, Mario Draghi foi o único capaz de facer un novo executivo acadando o consenso da maioría dos partidos.
Así as cousas cando chegou agora o momento de elixir presidente non había acordo e despois de 7 días de votacións sen resultado, os parlamentarios e senadores decidiron volver a Sergio Mattarella e evitar, por pouco, outra profunda crise política nun momento tan delicado como a pandemia.