Publicador de contidos

Publicador de contidos

Campaña en Cambre para detectar condutores usando o móbil preto de pasos de peóns

Campaña en Cambre para detectar condutores usando o móbil preto de pasos de peóns

O obxectivo é evitar atropelos causados polas distraccións

Manipular o móbil supón unha detracción de 3 puntos e suxeitalo, 6

Marta González Salve 15/06/2022 13:58

Manipular ou coller o móbil ao volante pode custar unha vida en calquera estrada, pero ten máis risco se se fai nas proximidades dun paso de peóns. De aí a campaña posta en marcha pola Policía Local de Cambre para poñer freo aos atropelos.

Ata o vindeiro 24 de xuño establecerán controis para detectar infractores, que se poden enfrontar á perda de 3 ou 6 puntos e a unha sanción económica de 200 euros.

Unha campaña que os condutores ven apropiada e os peóns moi necesaria para concienciar os condutores.

Malia que vai dirixida ao uso do móbil por condutores, os axentes tamén controlarán a correcta actuación dos peóns á hora de cruzar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade