A campaña de verán creará 33.500 novos empregos en Galicia, aínda con problemas para atopar persoal
A campaña de verán creará 33.500 novos empregos en Galicia, aínda con problemas para atopar persoal
A oferta de emprego estival medra un 18 % este ano en Galicia
Problemas tamén para atopar persoal na construción ou nas empresas loxísticas
A campaña de verán suporá 33.500 novos empregos en Galicia, un 18 por cento máis que o ano pasado. O sector turístico é o principal impulsor deste aumento. Malia todo, nas portas de moitos negocios aínda se atopan carteis solicitando traballadores.
Os empresarios quéixanse de que non dan cuberto todas as prazas que precisan para afrontar en condicións a temporada alta. Entenden que, nalgúns casos, se deba a que as condicións non son atractivas. Pero algúns empresarios din que, aínda séndoo, non atopan persoal.
Nas axencias de colocación advirten de que non é algo exclusivo do sector turístico. Dous de cada tres novos empregos para esta campaña de verán en Galicia vanse xerar nos hoteis ou en empresas loxísticas.