Publicador de contidos

Publicador de contidos

Calor extrema en España xoves e venres: Andalucía pode alcanzar os 40 graos 

Calor extrema en España xoves e venres: Andalucía pode alcanzar os 40 graos 

Está a ser o abril máis seco da historia e o máis caloroso desde 1950

G24.gal 26/04/2023 21:07 Última actualización 26/04/2023 21:36

O cambio climático parece que vai mudar ata o refraneiro. O dito "Abril, augas mil" quedou obsoleto. Este mes é o máis seco da historia en España e o máis caloroso dos últimos 70 anos.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía cre que se van bater récords de temperaturas, xa que haberá puntos de Andalucía, Albacete ou Murcia que superan ata 20 graos as de anos anteriores. Xoves e venres a maior parte da península estará por riba dos 30 graos, e zonas de Andalucía poden alcanzar os 40. Traballar a pleno sol nestes lugares faise difícil e evitan os golpes de calor con xornada intensiva e madrugando máis.

Mentres, en Castela-A Mancha xa están pensando en instalar climatización en colexios e institutos nun futuro próximo, como avanzou o presidente Emiliano García-Page, e no Levante os agricultores ven como se perde a colleita.

Un abril de récord tamén en precipitacións. Desde o día un só se recolleron 12 litros por metro cadrado, apenas a cuarta parte dos valores habituais, o cal o converterá no máis seco da serie histórica en España. Por intensidade e por cadrar moi cedo no ano, para a AEMET este episodio de calor ilustra perfectamente o actual cambio climático.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade