Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cae un helicóptero dos Bombeiros de Asturias a un encoro mentres axudaba nun incendio

Cae un helicóptero dos Bombeiros de Asturias a un encoro mentres axudaba nun incendio

O piloto logrou saír pola súa conta antes de que o aparato se afundise

O helicóptero enganchárase nuns cables eléctricos

A porta do helicóptero víase este venres aboiando no encoro. EFE/ Paco Paredes A porta do helicóptero víase este venres aboiando no encoro. EFE/ Paco Paredes
G24.gal 02/05/2025 20:21 Última actualización 02/05/2025 21:55

Un helicóptero de Bomberos de Asturias afundiuse este venres no encoro de Tanes, no concello de Caso, mentres participaba na extinción dun incendio forestal en Sobrescobio.

O accidente produciuse arredor das 17:50 horas, cando o aparello estaba cargando auga e a estrutura que utiliza para este fin se enredou en cables eléctricos.

Segundo informou o conselleiro de Mobilidade, Medio Ambiente e Xestión de Emerxencias do Principado, Alejandro Calvo, a habilidade do piloto permitiulle amerizar sobre a auga e salvar a vida.

Saíu do helicóptero antes de que se somerxese por completo e chegou a nado ata a beira do encoro, situado no Parque Nacional de Redes.

Sufriu feridas leves e foi trasladado en ambulancia ao Hospital Valle del Nalón, en Langreo. 

Como consecuencia do impacto, varios núcleos de poboación dos concellos de Caso e Sobrescobio quedaron sen luz nin conexión de datos. O servizo restableceuse ao longo da noite. Ademais, interrompeuse de forma preventiva o bombeo de auga desde o encoro, que abastece boa parte da área central de Asturias, ante a posibilidade de que se producise algún tipo de vertido.

Recuperación do helicóptero e despregamento de medios

Ao lugar desprazáronse o equipo de rescate do 112 Asturias en helicóptero medicalizado, bombeiros do parque de San Martín del Rey Aurelio, persoal sanitario, axentes da Garda Civil e a autoridade laboral.

O aviso do accidente deuno un home que presenciou a caída da aeronave e viu como o piloto saía da auga. Grazas a el, puido establecer contacto coa sala do 112 de Asturias.

Está previsto que o helicóptero accidentado sexa recuperado do fondo do encoro durante a xornada do sábado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade