Cadea perpetua para o culpable do segundo intento de asasinato a Trump en 2024
A súa defensa apelará a sentenza porque non está de acordo co agravante de terrorismo.
Ryan Routh, declarado culpable do intento de asasinato a Trump (Arquivo Reuters)
Unha xuíza de EEUU condenou este mércores a cadea perpetua a Ryan Routh por tentar matar a Donald Trump en 2024 nun campo de golf en Florida. O avogado de Routh, Martin Roth, informou de que recorrerá a sentenza porque non está de acordo co agravante de terrorismo e porque o acusado ten xa 60 anos de idade.
A condena chega despois de que un xurado declarou culpable en setembro pasado a Routh de cinco cargos no seu intento de asasinar a Trump, entre eles o de posuír unha arma de fogo, cun número de serie borrado, para cometer un crime con violencia e atacar a un axente federal. Routh, un traballador da construción de Carolina do Norte, foi detido o 15 de setembro de 2024, dous meses antes das eleccións presidenciais que gañou Trump, nun campo de golf de Florida propiedade do actual presidente ao ser descuberto por un axente do servizo secreto.
O de Florida é o segundo intento de asasinato de Trump cando era candidato, pois en xullo de 2024 resultou ferido leve nunha orella tras ser tiroteado durante un mitin en Butler, Pensilvania, onde as autoridades abateron ao atacante.
O xuízo de Routh espertou moito interese porque foi él mesmo o que se defendou, asegurando que non cometeu un crime porque non tiña a intención de matar a ninguén, e fixo referencias a personaxes como Hitler. O seu avogado, asignado para defendelo na sentenza, explicou que a pena federal implicará que o home non poderá saír de prisión ademáis se referiu a Routh como unha "persoa excepcional" por loitar como voluntario en Ucraína na invasión de Rusia.