Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cada día detéctanse en Galicia 140 condutores e pasaxeiros que circulan sen cinto

Cada día detéctanse en Galicia 140 condutores e pasaxeiros que circulan sen cinto

8 de cada 10 infraccións prodúcense en vías secundarias

G24.gal 27/03/2023 14:00

Aínda que a eficacia do cinto de seguridade está máis que demostrada, durante esta última campaña da DXT, os axentes de Tráfico atoparon en Galicia, de media, uns 140 adultos ao día que viaxaban nos seus vehículos sen utilizalo.

E o peor é que esta é unha cifra mesmo superior á rexistrada na anterior campaña. De feito, a taxa infractora en Galicia xa se sitúa dúas décimas por riba da media.

Outro dato significativo é que case o 80 por cento destas infraccións se rexistraron en vías secundarias, que tamén son as que acumulan a maioría dos accidentes mortais na nosa comunidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade