Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cáceres entra na convocatoria para a visita do Celta a Xetafe

Cáceres entra na convocatoria para a visita do Celta a Xetafe

Borja Iglesias xa traballou con total normalidade en Afouteza

G24.gal 06/09/2026 14:22

Hai novidades na convocatoria para o partido do Celta fronte ó Xetafe de mañá. Unha delas, a de Cáceres. 

O central uruguaio xa entrou na convocatoria que se acaba de facer pública tralo último adestramento, o desta mañá, no que vimos, precisamente, o xogador falando con Claudio Giráldez.

Sesión de traballo que completou con normalidade Borja Iglesias. Recibiu a alta médica e xa entrou na convocatoria aínda que non está para disputar os 90 minutos. Sinalábao o técnico que si valora o ritmo de competición que trae Cáceres: "Leva máis ritmo ca nós en competición, e por iso entra na convocatoria. É un xogador de rendemento inmediato, afeito a xogar cada poucos días en México", indicou.

Sobre o Xetafe: "Véndense moi caras as ocasións contra eles. Temos que intentar xogar ben, estar precisos, con ritmo alto para xerar ocasións e goles".

O técnico non está preocupado pola falta de vitorias deste inicio: "Estamos cambiando cousas no equipo, o que leva un proceso. Hai nove xogadores que non están do ano pasado. O equipo buscará xeitos de ser competitivo e de xerar perigo, non teño dúbida. Ogallá puidésemos gañar todos os partidos, pero seguro que a Liga non vai acabar como está agora, rematou."

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar