Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cabo e Chapela levan o Campionato Galego de traiñeiriñas

Cabo e Chapela levan o Campionato Galego de traiñeiriñas

Cabo dominou en homes, tanto en absoluto como no xuvenil

Chapela gañou o sénior feminino e Ribeira fíxose co júnior

G24.gal 22/05/2022 13:48

Celebrouse en Moaña o Campionato Galego de traiñeiras con dominio de Cabo na categoría masculina e de Chapela na feminina. 

Cabo da Cruz impúxose tanto no absoluto como no xuvenil demostrando o seu gran nivel. Entre os sénior tivo unha loita moi interesante con Samertolameu, que remaba na casa. Bueu acabou na terceira posición. 

Os júnior tamén remataron con triunfo de Cabo e segundo posto de Samertolameu. Terceira foi a embarcacion da Pobra.

Entre as mulleres Chapela volveu amosar o seu gran momento e as súas ambicións para esta temporada. No absoluto feminino rematou por diante de Ares e de Cabo. Na categoría júnior non houbo cor con Ribeira sacando unha marxe moi ampla sobre Cesantes, segundas clasificadas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade