Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cabo da Cruz gaña a terceira Bandeira consecutiva en Bueu e consolida o liderado na LGT

Cabo da Cruz gaña a terceira Bandeira consecutiva en Bueu e consolida o liderado na LGT

Impúxose a Samertolameu, que queda a tres puntos na xeral

G24.gal 12/07/2026 14:16

Cabo da Cruz impúxose na Bandeira Concello de Bueu da Liga Galega de Traiñeiras.

Cabo marcou un tempo na quenda de honra de 20:13:09, avantaxando en case catro segundos a Samertolameu e en algo de máis de nove a Tirán.

É o terceiro triunfo consecutivo da traiñeira de Boiro, que segue á fronte da clasificación da LGT. Ten 39 puntos, 3 máis que os segundos, Samertolameu. A embarcación de Meira, que comezara a temporada con vitoria, parece a única quen de seguir o ritmo de Cabo neste treito da temporada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade