Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buses fretados por particulares partirán de distintas cidades galegas para ir ver o papa a Madrid

Buses fretados por particulares partirán de distintas cidades galegas para ir ver o papa a Madrid

So para os actos de Madrid hai inscritas máis de 400.000 persoas, a maioría en grupos relixiosos. Con todo, hai tamén axencias que organizan viaxes para particulares.

G24.gal 03/06/2026 14:53

"En canto me enterei que viña o papa dixen: temos que ir". Así de claro tívoo Marga Castro, e lanzouse a organizar unha viaxe para ir dende Vigo. Xa tiña experiencia: dende Xoan Paulo II, foinos ver a todos. "Xa estou afeita a facelas, a primeira foi con Xoan Paulo II a Polonia, logo Benedito, Francisco, e agora León XIV", di.

Para recibir a León XIV encheu as 56 prazas en cousa dunha semana. Unha será a de Helena Molinero, que chegou directa dos Estados Unidos para coller ese bus. "Aínda estaba nos Estados Unidos, e unha boa amiga díxome que ían ver o papa a Madrid, apunteime e estou moi contenta", di.

Coa misma motivación, o sábado arrancarán iniciativas similares dende outras cidades galegas. Na Coruña, lanzouse a organizar Susana Lozano. "É a rimeira vez que vén este papa a España, había que ir -asegura-, e lanceime a organizar este bus". E di que tería listaxe de agarda para encher outro.

Susana dende A Coruña, e Margarita dende Vigo, coinciden en que fretar o autobús foi máis fácil que atopar aloxamento. Porque hai xa máis de 400.000 inscritos nos actos do papa para esta fin de semana en Madrid. Calcúlase que o 18 por cento se aloxará en hoteis da zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos