Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bueu comeza con forza a Liga Galega de traiñeiras e gaña en Sanxenxo

Bueu comeza con forza a Liga Galega de traiñeiras e gaña en Sanxenxo

Impúxose a Samertolameu e a Tirán na primeira contra o reloxo

Castropol arrasa na Liga B e Cabo vence na categoría feminina

G24.gal 18/06/2022 19:45

Bueu presentou a súa candidatura a gañar a Liga Galega cun triunfo incontestable na contra o reloxo celebrada en Sanxenxo coa que comezaba a Liga A. Os de José Ferral saíron na primeira quenda pero, malia ter as súas referencias, ningún dos outros favoritos conseguiu estar á súa altura.

O que máis se achegou foi Samertolameu que rematou na segunda posición, xusto por diante do recén descendido da ACT Tirán. Na cuarta posición acabou a traiñeira B de Cabo da Cruz.

Na categoría feminina Cabo da Cruz pisou forte e meteulle oito segundos de vantaxe á outra favorita, Chapela. Os dous postúlanse como os candidatos a acadar o ascenso á Liga Euskotren na que habería dúas representantes galegas a vindeira temporada. 

A Liga B masculina deixounos a vitoria de Castropol, algo ao que semella nos teremos que habituar. Con remeiros que hai uns meses estaban na ACT (Luis Pazos, Jorge Fernández ou Dani Zeta) demostran estar un punto por diante do resto de rivais. Metéronlle máis de trinta segundos a Samertolameu B. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade