Bruxelas pide a retirada gradual das axudas públicas da pandemia
Seguen as dúbidas na UE para axudas ao campo ante a crise da enerxía

Esta tarde rematou en Bruxelas a reunión do Eurogrupo, a xuntanza dos ministros de Economía da zona euro. Debatían como deben ser as políticas fiscais da Unión Europea durante este ano, se manter as axudas públicas ou iniciar unha lenta retirada. E semella que esta segunda tese é a que se impón.
Comeza o tempo no que se remata a liberdade total do gasto público para disgusto de moitos gobernos europeos, entre eles España, aos que lles gustaría seguir mantendo axudas públicas para soster os traballadores e familias.
A Comisión Europea chegou cunha postura algo contraditoria. É tempo xa de ir retirando gradualmente das axudas públicas. A vicepresidenta Calviño di que non é tempo de comezar a reducir o déficit e a débeda pública.

Consello de Ministros de Agricultura
En Bruxelas tamén estaban os ministros europeos de Agricultura analizando o impacto da crise da enerxía nas materias primas e nas explotacións, pero semella que a Comisión Europea segue sen concretar como axudar ao campo.
Oídos xordos ás preguntas duns 20 países que lles preguntan como poden axudar os seus labregos e gandeiros coa suba de prezos das materias primas e dos combustibles.
Bruxelas segue sen dar unha resposta concreta a un problema grave para o sector. Tamén se falou dos problemas fitosanitarios para facer fronte á gripe aviaria, que polo momento non afecta a España