Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bronce para a luguesa Aldara Meilán no europeo sub-20 de atletismo

Bronce para a luguesa Aldara Meilán no europeo sub-20 de atletismo

O ouro foi para a española Sofía Santacreu, cun dobrete que demostra a calidade da marcha española

A canguesa Lara Iglesias acabou no noveno posto na final de lanzamento de xavelina

G24.gal 09/08/2025 11:18

Ouro e bronce nos 10 quilómetros marcha femininos con éxito para o atletismo galego. A luguesa Aldara Meilán ocupou a terceira posición cun tempo de 44:15.89, a súa mellor marca persoal, que estaba en 45:06. 

Dá igual a categoría ou o campionato. A marcha española sempre garante medallas. O ouro gañouno Sofía Santacreu que voou en Tampere -Finlandia- onde se están a celebrar as probas. Na segunda posición acabou a serbia Mina Stankovic e terceira foi Aldara Meilán. Completou a grande actuación da delegación española Claudia Ventura que rozou o podio cun quinto posto e outra marca para o recordo.

En lanzamento de xavelina feminino Galicia tamén tivo unha finalista. Foi a canguesa Lara Iglesias, que acabou no noveno posto cun mellor lanzamento de 46,98, a algo máis de tres metros da súa mellor marca persoal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade