Publicador de contidos

Publicador de contidos

Breogán e Obradoiro ultiman a preparación para o derbi desta tarde no Pazo

Breogán e Obradoiro ultiman a preparación para o derbi desta tarde no Pazo

G24.gal 07/01/2023 13:44

A Liga ACB fala galego cun novo Breogán-Obradoiro que, para os capitáns, se presenta igualado e con múltiples alicientes.

Sergi Quintela: "Vai ser un derbi moi emocionante, o pavillón vai estar dun xeito incrible como vén pasando nos últimos encontros e no deportivo os dous equipos chegamos nunha dinámica moi boa pelexando polo mesmo obxectivo".

Álvaro Muñoz indica: "Vir a Lugo gusta, co ambiente que hai, sobre todo nos derbis, e a verdade é que estamos motivados. Como xogador é un partido no que gusta moito participar e como espectador ten ese aliciente especial".

Os dous equipos levaron a cabo unha suave sesión de adestramento na mañá do partido, na que os santiagueses tiveron a ausencia de Phill Schrubb con problemas estomacais. Precisamente, para Álvaro Muñoz, o aspecto físico pode resultar determinante. "As chaves van ser quen vai estar mellor fisicamente, porque hai 72 horas que xogamos".

Mentres, para Sergi Quintela as posibilidades breoganistas pasan por marcar o ritmo do partido. "Eles teñen un xogo moi estruturado, xogan dunha forma moi automática, a verdade é que dá gusto velos xogar, pero creo que se conseguimos romper o seu timing de xogo podemos ter unha boa baza".

O ventilador púxose en marcha. Agora só queda que paren as goteiras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade