Breogán e Obradoiro miden as súas forzas no derbi en Lugo
Estaba o Breogán en pleno festival de canastras desde o medio do campo....
Cando polo tunel apareceu o Obradoiro disposto a realizar a súa sesión de tiro.
Dous homes serán os encargados de dirixir o derbi. Erik Quintela e Albert Oliver sinalan as chaves do encontro.
Erik Quiintela. Río Breogán. "Xa vimos na primeira volta que eles xogaban con Robertson e Birutis e nós queremos minimizar ese factor que nese partido foi determinante e queremos levar o encontro o noso terreo quitándolles esa baza".
Albert Oliver. Monbus Obradoiro. "Se somos capaces de controlalos no campo aberto, que non nos corran, o xogo que fan con balón na media pista, se somos capaces de controlar eso e o rebote, teremos moitas opcións no partido".
Tanto Eric Quintela coma Oliver destacan tamén a influenza que terá o ambiente do Pazo, que anuncia un gran espectáculo.
Erik Quintela. Rio Breogán. "Esto é un derbi, hai que sacar todo o que levamos ahí, máis que presión responsabilidade e gañas de xogalo".
Albert Oliver. Monbus Obradoiro. "Será un partido complicado, por como están a xogar eles, están a un gran nivel e máis na súa casa foron capaces de gañarlle a Vasconia, a Valencia, competir co Real Madrid e despois porque é un derbi, sabemos como se vive e máis aquí".
Breogán-Obradoiro, un derbi con acento galego.