Brais Méndez, "triste" porque no Celta non se lle dá valor á xente de casa e teñen que saír
Nunha entrevista en Ao contraataque confesou que lle parece triste que no club vexan os canteiráns como unha fonte de ingresos
Brais Méndez abandonou o Celta este pasado verán tras dez tempadas no club. O centrocampista da Real Sociedade deixou nas arcas celestes 14 millóns de euros. Anteriormente non chegara a un acordo para renovar o seu contrato, que concluía en xuño de 2024.
O xogador, nunha entrevista en Ao contraataque, confesou que lle parece triste que no club vexan aos canteiráns como unha fonte de ingresos e non como os xogadores que deben liderar o proxecto como fixeron Iago Aspas ou Hugo Mallo "no peor momento da súa historia".
Confesou sentirse triste por escoitar palabras como as de Luís Campos en que o asesor deportivo do Celta apuntaba que Gabri Veiga era un xogador que podería superar o prezo das súas venda:
"É triste. Cando o equipo estivo no peor momento da súa historia quen o sacou adiante foron xente da casa. Os baluartes do club son xente de casa como Iago ou Mallo e hai que apoiarse niso. Que agora pareza que non se lles dá ese valor á xente de casa e teñen que saír, non o comparto".
"Ao final son os xogadores que máis senten o club e os que morren pola camiseta do Celta", agregou Brais Méndez.