Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bota a andar a nova variante de Viveiro, que sacará o tráfico do núcleo urbano

Bota a andar a nova variante de Viveiro, que sacará o tráfico do núcleo urbano

Alfonso Rueda presentou o proxecto e explicou que a infraestrutura mellorará a seguridade viaria e as comunicacións dos veciños da Mariña lucense

Está pensada para articular o tráfico dun concello que soporta máis de 13.000 vehículos ao día

As obras da nova vía comezarán esta lexislatura


 

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda (2d), e a conselleira de Vivenda, María Martínez (d), asisten á presentación da variante de Viveiro, este martes. EFE/Pedro Eliseo Agrelo Trigo.
G24.gal 23/12/2025 15:11

A nova variante de Viveiro está pensada para articular o tráfico dun concello que soporta máis de 13.000 vehículos ao día. O novo trazado permitirá liberar o núcleo urbano. 

"O tráfico aquí é moi complicado, por iso en poucos sitios de Galicia é tan evidente a necesidade dunha variante como en Viveiro e eu celebro que vaia ser unha realidade", asegura o presidente da Xunta, Alfonso Rueda. 

Prevese que o 60 % dos vehículos empreguen a nova infraestrutura, que absorbería todos os desprazamentos de longo percorrido, a circulación cara ao porto de Celeiro e parte do tránsito local. 

A vía completa consta de algo máis de 10 quilómetros. A variante leste, que se presentou este martes e cuxas obras comezarán esta lexislatura cun investimento de case 40 millóns de euros, e a variante Oeste, que conectará co Vicedo. 

A variante leste discorrerá desde a glorieta de conexión na LU-540 ata o inicio do corredor Celeiro-San Cibrao. Na súa configuración técnica destacan dúas grandes estruturas: un viaduto de 503 metros en Celeiro e un viaduto de 130 metros en Rego Fontecoba.

Por outra banda, o Goberno galego inviste tamén 8,2 millóns de euros na transformación do tramo Viveiro-Ourol (LU-540), unhas obras que finalizarán en 2026.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade