Borja: "Xogar en Europa co Celta é moi especial para min"
O compostelán "esperaba estar ben, pero igual non tan atinado"
Borja Iglesias non para de recibir boas noticias tras o seu espectacular arranque de curso, no que suma 6 goles en 11 partidos. Regresou á selección española dous anos despois e acaba de ser elixido mellor xogador do Celta do mes de setembro, polo que onte recibiu o correspondente trofeo Estrela Galicia.
"Esperaba estar ben, pero igual non tan atinado. Estou moi contento por iso, con ganas de seguir por este camiño. Pero gustaríame que esta serie chegase con mellores resultados e máis vitorias, traballaremos para conseguilo", dixo o dianteiro céltico
En abril pasado foi agasallado co mesmo premio. Tras poñer fin á súa etapa no Betis, Borja Iglesias está feliz en casa e non o oculta. De feito, cumpriu o soño de competir co Celta no segundo torneo europeo.
"Xogar co Celta en Europa para min é moi especial, pois pensaba que igual non o podería vivir na miña carreira. Estou moi ilusionado por este momento que compartimos coa afección e o equipo", dixo o compostelán.