Publicador de contidos

Publicador de contidos

Borja Jiménez non se fía dun Zamora que leva tres vitorias seguidas

Borja Jiménez non se fía dun Zamora que leva tres vitorias seguidas

Sobre a renovación de Noel cre que o club está a facer un esforzo enorme por tentar que quede e só depende del

G24.gal 25/01/2022 16:07

O Deportivo afrontará este mércores en Zamora o segundo partido dos tres que lle toca disputar en sete días. De todos os xeitos, Borja Jiménez non mira máis aló do inmediato e avisa de que ninguén espera un equipo moi diferente pensando no Racing de Santander.

O técnico branco e azul non se fía do rival. En parte pola boa serie tras a chegada de Yago Iglesias, en parte porque xa lle pareceu un rival de moito nivel na primeira volta:

“Tres vitorias seguidas, chega en boa dinámica como o DUX… a min na primeira volta xa me pareceu un equipo compensado. Púxonolo moi difícil en Riazor. Axustarían, gañaron a balón parado… Se xa nolo puxo difícil vindo mal, imaxinade agora tal e como están"

 

Sobre a renovación de Noel: 

“Non podo dicir moito… se me preguntan sempre digo que non creo que vaia estar en ningún sitio mellor que aquí. O club está a facer un esforzo enorme por tentar que quede e só depende del. De ninguén máis. Estou encantado con el. Síntome moi identificado e partícipe da súa evolución. Ver que Noel é mellor cada día vouno levar sempre comigo. Encántame a súa actitude, o seu compromiso e o seu rendemento".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade