Borja Jiménez: "Non estamos ao noso mellor nivel, os futbolistas non son parvos"
Espera un bo ambiente en Riazor, no partido ante o Talavera
Borja Jiménez falou esta mañá na previa do Deportivo vs Talavera e tratou tanto as urxencias do equipo como a importancia dunha semana con dous partidos. O técnico é consciente de que as sensacións non son boas, pero pide paciencia
"Xogar ben é gañar. E cando ganas, o debate moitas veces pode seguir na rúa. O obxectivo é gañar, que é polo que se nos valora. Xogar ben ou mal… en función de cara a onde se queira levar o debate, pode ir dun lado ou outro. Non estamos ao cento por cento canto a sensacións, canto a xogo. E niso estamos a traballar. Pero como hai moita autocrítica dentro, buscamos solucións no que o equipo non estea cómodo. Somos os primeiros en querer facer máis cousas, pero estou sorprendido. Porque estamos na xornada 4 e o equipo non perdeu. Os números son bos, hai que ter paciencia. Queremos xerar máis, meter máis goles. Sabemos que non estamos ao noso mellor nivel, os futbolistas non son parvos. Pero foder… é a xornada 4"
O técnico do Deportivo tamén falou sobre o Talavera, o ambiente e as críticas:
"Espero que o ambiente sexa bo porque é o que nos atopamos ata o de agora. E creo que é o máis adecuado para os futbolistas. Sempre se mostraron así co equipo".