Publicador de contidos

Publicador de contidos

Borja Iglesias iguala a serie de Pahiño 78 anos despois

Borja Iglesias iguala a serie de Pahiño 78 anos despois

Pahiño terminou a Liga como máximo goleador con 21 tantos e fichou polo Real Madrid

Foto Celta Foto Celta
G24.gal 03/10/2025 16:36 Última actualización 03/10/2025 16:42

O dianteiro Borja Iglesias, co seu tanto ante o PAOK (3-1), encadea seis partidos facendo gol coa camiseta do Celta, algo que non sucedía desde hai 78 anos, cando o logrou Pahiño, segundo revelou a conta Afouteza e Corazón en X.

Aquela tempada, o atacante vigués, un dos mitos na historia do club celeste, terminou a Liga como máximo goleador con 21 tantos e fichou polo Real Madrid. Na actual tempada, Borja Iglesias estreouse como goleador o pasado 31 de agosto no partido contra o Vilarreal en Balaídos. A partir de aí, o Panda celebrou un tanto en cada partido. Xirona, Raio Vallecano, Stuttgart, Elxe e PAOK foron as súas vítimas. O seguinte rival do conxunto dirixido por Claudio Giráldez será o Atlético de Madrid

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade