Publicador de contidos
Publicador de contidos

Borja Fernández, novo adestrador da U. D. Ourense

Borja Fernández, novo adestrador da U. D. Ourense

Como adestrador, a experiencia do ourensán resúmese nunha tempada no Real Valladolid Promesas e outra como primeiro técnico do xuvenil

G24.gal 03/04/2024 11:55 Última actualización 03/04/2024 17:58

Son tempos de cambios na U. D. Ourense. Tras unha Semana Santa en que se despediron de Jorge de Dios e Toni Álvarez, tamén deixaron atrás o campo de Oira volvendo case un ano despois ao Couto para este tramo final de liga.

Ademais disto, anunciaron quen será o seu novo adestrador tras a marcha do anterior corpo técnico. Trátase de Borja Fernández, exfutbolista ourensán cun currículo de elite.

Na súa carreira, Borja xogou no Real Madrid dos galácticos, Mallorca, Xetafe, Deportivo da Coruña, ATK (India), Eibar, Almería e Real Valladolid, onde se converteu en lenda.

223 partidos en Primeira División, 31 en Copa do Rei ou 4 en Champions League son algúns dos rexistros que deixou o xogador tras 17 tempadas no fútbol profesional.

Como adestrador, a experiencia do ourensán resúmese nunha tempada no Real Valladolid Promesas e outra como primeiro adestrador do xuvenil. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos