Publicador de contidos

Publicador de contidos

Borja Domínguez: "A parada preocupounos, pero ver á xente darredor tranquila calmounos"

Borja Domínguez: "A parada preocupounos, pero ver á xente darredor tranquila calmounos"

O xogador do Pontevedra falou sobre a situación anómala que viviron en Valdebebas 

G24.gal 06/11/2022 15:29 Última actualización 06/11/2022 15:43

Continua a mala xeira de resultados co conxunto granate lonxe de Pasarón. Esta mañá un gol no interminable tempo de desconto deulle o triunfo ao Real Madrid Castela. Esta situación foi provocada pola suspensión momentánea do partido para evacuar o estadio por unha falsa alarma. Esta situación explicouna para a Radio Galega o centrocampita Borja Domínguez:

"Foi estraño. Preocupounos porque non sabiamos que pasaba. Dicían que podía ser unha ameaza terrorista. Preocupounos, pero logo viamos xente ao redor e estaba tranquila. Iso tamén nos tranquilizou ao resto. No partido, sabiamos o rival ao que nos iamos enfrontar e non xogamos mal, pero eles anotaron o gol".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade