Publicador de contidos

Publicador de contidos

Boric pídelle ao próximo goberno de Kast que lle dea "continuidade" ás políticas de Estado

Boric pídelle ao próximo goberno de Kast que lle dea "continuidade" ás políticas de Estado

O presidente saínte de Chile recibiu a quen será o seu sucesor na Moneda, o palacio presidencial

Reuters Reuters
G24.gal 15/12/2025 20:42

O presidente saínte de Chile, Gabriel Boric, pediu este luns a quen será o seu sucesor, o ultradereitista José Antonio Kast, que a próxima Administración respecte os dereitos adquiridos e continúe "con moitas das políticas iniciadas e acordadas nestes anos, e que son tarefas de Estado".

"A implementación da reforma de pensións, de permisos sectoriais, a instalación do Ministerio de Seguridade Pública, o proceso de vacinación que adiantamos a marzo, a lei integral contra a violencia á muller, as oficinas locais da nenez, os servizos locais de educación publica", detallou o actual mandatario desde o palacio presidencial.

"Hai moitas políticas que, independente de quen goberne, teñen que seguir funcionando, iso conversamos este luns nun diálogo cordial, respectuoso, institucional e con altura de miras", subliñou Boric, que destacou o "clima positivo" en que se desenvolveu o encontro entre ambos.

"É importante ter en conta que máis aló das distintas visións políticas que ambos representamos, existe unha continuidade de Estado, das súas institucións, do servizo publico e de orde democrática", apuntou.


Kast, que gañou as eleccións cun 58,1 %, acudiu á Moneda acompañado pola súa esposa, María Pía Adriasola, quen ocupará o cargo de primeira dama do que Boric prescindiu. O político ultradereitista converterase no primeiro pinochetista en chegar ao poder tras a fin da ditadura hai 35 anos, tras impoñerse nas 16 rexións do país e pechar a segunda vitoria en segunda volta máis ampla desde o retorno á democracia (a primeira foi a vitoria da socialista Michelle Bachelet contra a conservadora Evelyn Matthei en 2013).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade