Publicador de contidos

Bonmatí: "Queremos unha sociedade igualitaria, que conciba o home e a muller por igual"

Bonmatí: "Queremos unha sociedade igualitaria, que conciba o home e a muller por igual"

A selección española xoga mañá ante Suíza, na segunda xornada da Liga de Nacións

Foto EFE
G24.gal 25/09/2023 18:53 Última actualización 25/09/2023 19:00

A seleccionadora española Montse Tomé afirmou que sente con "confianza" para dirixir o equipo nacional, sobre todo despois da chamada que recibiu do presidente do Consello Superior de Deportes (CSD), Víctor Francos, tras toda a polémica que rodeou a selección, e sinalou que "ninguén esperaba unha situación así" e que reaccionaron "ben".

"Durante os primeiros días da concentración si que notabamos unha sensación de algo raro, que se tiña que solucionar"

"Logramos falar, mirarnos, ser sinceras e dar un paso adiante"

En vésperas do encontro ante Suíza en Córdoba, da segunda xornada da Liga de Nacións, Tomé valorou o crecemento do equipo nesta convocatoria, marcada polo problema xurdido coa chamada ás internacionais despois de que, en principio, pararan e esixiran cambios na Real Federación Española de Fútbol (RFEF), tras a actitude do seu expresidente.

Pola súa banda, Anna Bonmatí manfiestou os seus desexos a partir do mércores: 

"Que deixemos un bo legado e unhas boas condicións para todas as xeracións que veñen"

"Queremos unha sociedade igualitaria, que conciba o home e a muller por igual. Que teñamos os mesmos dereitos"

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos

Publicador de contidos