Boas perspectivas para a campaña apícola en Galicia
A calor desmesurada e as vespas 'velutinas' constitúen as principais ameazas para a produción
A boa perspectiva de produción apícola, unida ao alto risco de mortalidade da abella pola acción da vespa velutina, está a caracterizar ata o de agora a campaña en Galicia.
"A campaña parece que se presenta bastante ben. O tempo está a axudar, agora veñen unhas chuvias, tamén son moi favorables para que haxa flores que aguanten ben o néctar. Levamos uns dias con vento de nordés, o vento non lles gusta nada ás abellas", di Gonzalo Calvo.
A calor desmesurada, os incendios, o ácaro de varroa e as velutinas son as causantes das maiores perdas nas alvarizas de Galicia. A maior ameaza aniña en lugares que non están visibles.
"O ano é bo para as abellas e tamén para a velutina, Isto non se sabe ata que chegue o momento, pero presinto que vai ser un ano de moita avéspora cando empece a atacar en agosto, setembro e outubro, que son os peores meses", afrma Gonzalo Calvo.
A actividade apícola está permanentemente pendente da evolución atmosférica. Pero polo de agora apunta a unha campaña de produción boa.