Publicador de contidos
Publicador de contidos

Boas perspectivas na campaña do ourizo e prezos por enriba de 10 euros por quilo

Boas perspectivas na campaña do ourizo e prezos por enriba de 10 euros por quilo

O quilo rolda os doce euros

G24.gal 22/10/2021 16:36

Aínda que en cantidade as capturas foron máis voluminosas no arranque de outubro do ano pasado, os prezos medios son máis altos nesta campaña. O quilo rolda os doce euros nas principais lonxas galegas que traballan esta especie.

En Baiona levan 7.000 quilos despachados, 6.000 en Vigo e en Cangas venderon algo máis de 3.000 desde que se recuperou a temporada, despois da parada do verán.

A campaña do ourizo dura seis meses ao ano e en 2020 rematou con 617.000 kg vendidos por valor de máis de 5 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade