Boa parte dos infectados que están hospitalizados ingresaron por outras causas
O xefe de hospitalización covid da área sanitaria de Pontevedra asegura que o sistema sanitario galego pode xestionar a actual presión hospitalaria pola pandemia
Os datos indican que estamos no pico da sexta vaga da pandemia, ou moi cerca dela, segundo afirma o xefe de hospitalización covid da área sanitaria de Pontevedra. Juan Turnes apunta que aínda que hai un "número significativo" de persoas infectadas que están nos hospitais galegos, o sistema sanitario pode manexar a situación.
Turnes salientou que o 40 % dos pacientes covid que están en hospitais da área de Pontevedra tiveron que ingresar por outro motivo, non pola infección. Segundo explicou, detectóuselles o virus xa no hospital ou pouco antes, pero o motivo da hospitalización non foi ese.