Publicador de contidos

Publicador de contidos

BNG e Compostela Aberta pídenlle ao PSdeG que se sume ao seu acordo de goberno

BNG e Compostela Aberta pídenlle ao PSdeG que se sume ao seu acordo de goberno

Na Coruña, Inés Rey evita pronunciarse sobre pactos e mañá comezará as negociacións co BNG

PSOE e BNG presentarán mañá os avances do acordo en Lugo para a reelección de Lara Méndez 

BNG e Compostela Aberta fixeron públicos os seus avances para un goberno de coalición en Santiago
G24.gal 07/06/2023 14:38

A liña vermella do BNG de impedir gobernos do PP chega xa a Santiago. Os nacionalistas, con 6 edís, e Compostela Aberta, con 2, perfilan xa o acordo de goberno e fan un chamamento ao PSOE para que se sume. Sumarían 14 concelleiros, fronte aos 11 do PP. 

Na Coruña, as conversas comezan este xoves. O BNG xa presentou as súas demandas para que os seus 4 edís, xunto cos 11 do PSdeG, superen os 12 do PP e permitan que a socialista Inés Rey siga gobernando en minoría ou ben en coalición.

Ao igual que en Santiago e A Coruña, o PP foi o máis votado en Pontevedra. Con 11 edís, non entenden un pacto entre BNG e PSOE, que suman 14. Din que non se poñen de acordo nin para abrir unha rúa.

En Lugo tamén gañou o PP, logrou 12 concelleiros, pero a socialista Lara Méndez, con 8, seguirá na alcaldía, e este xoves presentará xunto ao nacionalista Rubén Arroxo, que logrou cinco edís, os primeiros avances dun acordo para a continuidade do goberno de coalición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade