Birmania vota por primera vez desde o golpe militar de 2021
Son uns comicios sen oposición real e cos líderes políticos da anterior etapa presos, exiliados ou loitando en medio dun conflito armado contra o Exército
As votacións arrancaron este domingo coa súa primeira fase en 102 dos 330 municipios do país asiático
Haberá outras dúas xornadas electorais en xaneiro
En Birmania votaron este domingo nas primeiras eleccións xerais desde que unha xunta militar tomou o poder mediante un golpe de Estado en febreiro de 2021 que acabou cun goberno democrático.
Estes son uns comicios sen oposición real e cos líderes políticos da anterior etapa presos, exiliados ou loitando en medio dun conflito armado contra o Exército. Entre as persoas encarceradas está a premio Nobel da Paz Aung San Suu Kyi.
Estas son ademais unhas eleccións con Nacións Unidas e Occidente en contra, pero respaldadas pola China e Rusia, os seus aliados económicos e militares.
Os comicios arrancaron este domingo coa súa primeira fase en 102 dos 330 municipios do país asiático. Haberá outras dúas xornadas electorais o 11 e o 25 de xaneiro.