Publicador de contidos

Publicador de contidos

Moscova córtalle a provisión eléctrica a Finlandia por solicitar a entrada na OTAN

Moscova córtalle a provisión eléctrica a Finlandia por solicitar a entrada na OTAN

Rusia alega que interrompeu a subministración "por problemas de pago"

G24.gal 14/05/2022 08:28 Última actualización 14/05/2022 14:23

A compañía enerxética rusa Inter RAO cortou na madrugada deste sábado a subministración eléctrica a Finlandia a través da súa filial RAO Nordic Oy, alegando "problemas para recibir pagos pola electricidade vendida", informou Fingrid, a empresa finlandesa que xestiona a rede eléctrica.

RAO Nordic Oy advertira o venres de que se vía "obrigada a suspender a importación de electricidade a partir do 14 de maio", nun momento en que as tensións entre Rusia e Finlandia medran por mor do anuncio desta última de que podería pedir o seu ingreso na OTAN tras a invasión rusa de Ucraína.

A filial asegura que "estivo importando electricidade de Rusia a Finlandia e vendéndoa á bolsa Nord Pool durante moitos anos", e sinala que as vendas efectuadas desde o 6 de maio aínda non se acreditaron con fondos na súa conta bancaria.

"Esperamos que a situación mellore pronto e que o comercio de electricidade con Rusia poida renovarse", engade. 

Electricidade garantida

Segundo explica Fingrid nun comunicado, a electricidade importada desde Rusia supón ao redor do 10 % do consumo total do país nórdico, polo que a subministración non se ve ameazada por esta decisión.

"As importacións que faltan pódense substituír no mercado da electricidade importando máis electricidade de Suecia e, en parte, tamén, mediante a produción nacional", di no comunicado Reima Päivinen, vicepresidente de operacións.

Inter RAO é o único operador de exportación e importación de electricidade en Rusia, e o seu principal cliente foi historicamente Finlandia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade