Publicador de contidos
Publicador de contidos

Benítez: “Temos que atopar un equilibrio para atacar e defender mellor”

Benítez: “Temos que atopar un equilibrio para atacar e defender mellor”

O técnico madrileño lamentou a facilidade coa que o seu equipo encaixou os dous primeiros goles

Foto EFE
G24.gal 21/12/2023 13:23 Última actualización 21/12/2023 13:40

O adestrador do Celta, Rafa Benítez, afirmou, tras a derrota ante o Vilarreal, que o seu equipo necesita atopar un equilibrio para atacar e defender mellor do que o está facendo ata o de agora na competición.

O técnico madrileño lamentou a facilidade coa que o seu equipo encaixou os dous primeiros goles e recoñeceu que o xogo do Celta na primeira metade, na que recibiu dous goles, foi “malo e frouxo”.

Benítez lamentou que tras realizar tres cambios tras o descanso o Celta encaixase o terceiro gol por unha falta de atención, aínda que valorou que o seu equipo soubo "reaccionar e adaptarse á nova estrutura”.

“Axustamos o medio campo e aberto as bandas e a reacción foi boa. Fomos máis agresivos, pero é triste que teñamos que facer isto cando imos 3-0”, argumentou.

O técnico volveu queixarse da fraxilidade defensiva do Celta, aínda que apuntou que se trata dun mal que vén arrastrando desde hai tempo.

“Con estes números dásche conta de que algo non funciona”, apostilou. Benítez admitiu, por último, que ao seu equipo fáltalle continuidade no xogo, xa que é capaz de alternar partes “moi boas con outras malas”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade