Benítez: "A teoría da autocrítica é populismo"
O adestrador celeste descarta negociar a rescisión do seu contrato e defende o papel do equipo no partido de hoxe fronte ao Xirona
O Celta volveu caer na casa nun partido de liga. Ao término do choque, Benítez afirmou que "a teoría da autocrítica é populismo", ao ser preguntado sobre se non a levaba cabo dados os resultados dende o comezo da tempada. Este foi outro tema que abordou:
"Xa sabemos que se fixeron cousas mal ao principio, moitas delas estamos pagándoas agora".
A derrota supón un pau moi duro ao proxecto de Rafa Benítez, que tivo que escoitar como a bancada posicionábase na súa contra ao termo do choque. Sobre estes cánticos, o adestrador madrileño afirma centrarse só no partido e na toma de decisións no mesmo.
"A 'bancada' é moi xenérico, son adestrador profesional e fago os cambios que creo que teño que facer para que o equipo gañe".
Sobre unha posible negociación para rescindir o seu contrato polos malos resultados, Rafa Benítez insiste en que firmou por dous anos máis de contrato.
"Un adestrador profesional que vén a un proxecto de tres anos, o que quere é que o proxecto saia ben".
Ao ser cuestionado pola saída de inicio de Douvikas, Aspas e Larsen xuntos, o técnico indicou que buscaba xerar perigo, así como defendeu o bo papel do equipo pese a non atopar o gol en ningunha das ocasións das que dispuxo.
"O equipo pelexou fronte a un rival que está líder da liga española".
O equipo podería caer a postos de descenso no caso de que gañen Cádiz e Sevilla, e a figura de Benítez queda moi tocada tras as derrotas ante a Real Sociedade e hoxe ante o Xirona.