Publicador de contidos

Publicador de contidos

Beltrán, de indiscutible ao ostracismo no Celta

Beltrán, de indiscutible ao ostracismo no Celta

Esta tempada só disputou 74 minutos, e só foi titular no debut ligueiro ante o Xetafe

G24.gal 16/09/2025 11:40 Última actualización 16/09/2025 11:59

No partido desta fin de semana ante o Xirona, o centrocampista Fran Beltrán encadeou a súa cuarta suplencia en cinco partidos, a súa terceira xornada consecutiva sen gozar de minutos, algo que só vivira na súa primeira tempada en Balaídos.

mediocentro, que acaba contrato co Celta o 30 de xuño de 2026, pasou de ser un dos indiscutibles no once celeste ao ostracismo. Esta tempada só disputou 74 minutos, e só foi titular no debut ligueiro ante o Xetafe.

A perda de minutos de Beltrán é evidente. Asinou polo Celta no verán de 2018 e na súa primeira tempada, a pesar da súa mocidade, xa participou en 30 partidos de Liga (1.513 minutos de xogo). A partir de aí, o seu protagonismo no equipo non deixou de crecer ata que entrou no seu último ano de contrato: 28 partidos xogados no curso 2019-20 e 32 no seguinte; 37 na liga 2021-22; 33 na 2023-24; e 34 na pasada, xa con Giráldez como técnico.

Prexudicado pola irrupción do canteirán Hugo Sotelo, o futuro de Fran Beltrán parece estar lonxe de Balaídos a pesar de que o director deportivo, o mexicano Marco Garcés, dixo recentemente que se reunirán co seu axente para coñecer “as súas expectativas”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar