Béisbol, críquet, lacrosse, squash e 'tocho' serán olímpicos nos Ánxeles 2028
O squash e o fútbol americano, que se xogará na súa versión 'tocho' ou 'bandeira' (sen contacto), serán as grandes novidade
A 141 Sesión do Comité Olímpico Internacional (COI) aceptou este luns en Bombai que o programa deportivo dos Xogos de Los Ángeles inclúa os cinco novos deportes propostos polo comité organizador: lacrosse, críquet, béisbol/sóftbol, squash e fútbol americano.
Os dous primeiros foron algunha vez olímpicos fai máis dun século, o béisbol entrou e saíu dos Xogos varias veces desde 1992 e o squash e o fútbol americano, que se xogará na súa versión 'tocho' ou 'bandeira' (sen contacto), serán novidade absoluta.
O responsable da Comisión do Programa dos Xogos, o austríaco Karl Stoss, afirmou que a proposta dá por feito que en todas as modalidades participarán "os mellores", e mencionou en concreto o béisbol e o críquet.
As súas federacións e ligas profesionais terán que facilitar que así sexa e o COI "vixiará de preto" que se cumpra esta condición. A Sesión votou en bloque a proposta anxelina, a man alzada, e aprobouna por ampla maioría, con só dous votos en contra.
Estes deportes acéptanse só para a edición de 2028 e non está garantida a súa continuidade en futuras edicións.