Publicador de contidos
Publicador de contidos

Batet dá carpetazo á polémica pola votación da reforma laboral e o PP recorre ao TC

Batet dá carpetazo á polémica pola votación da reforma laboral e o PP recorre ao TC

A Mesa do Congreso ratifica o informe dos letrados da cámara

G24.gal 15/02/2022 15:11

Doce días despois da polémica votación da reforma laboral, que saiu adiante por un voto erróneo dun deputado popular, a presidenta do Congreso dá carpetazo ás queixas presentadas polo PP. PSOE e Unidas Podemos fixeron valer a súa maioría na Mesa e ratificaron o informe presentado polos servizos xurídicos da cámara.

Despois, Meritxell Batet compareceu ante a prensa para defender a súa actuación e a independencia dos letrados.

"Poderán criticarse os seus argumentos, pero non se pode desacreditar uns profesionais que desenvolven o seu traballo con total independencia (...) porque atacalos a eles é atacar a lexitimidade do Congreso dos Deputados", asegurou a presidenta do Congreso.

Visión contraria teñen no PP. Cren que Batet se extralimitou, que privou a Mesa das súas funcións e que "faltou á verdade na sesión plenaria". Para Ana Pastor, vicepresidenta segunda do Congreso, "agora, a presidencia parapétase e escóndese detrás dun informe, que non é vinculante, pretendendo facer ver que quen critica a súa actuación, está en contra das institucións".

Ante a discrepancia, o Grupo Popular e o propio deputado Alberto Casero levan o asunto ao Tribunal Constitucional. En Podemos non lle ven percorrido. Para Gerardo Pisarello, secretario primeiro da Mesa do Congreso, "agora mesmo, o PP pretende tapar os seus erros e as súas mentiras cun recurso ante o Constitucional que carece de todo percorrido".
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar